· O proxecto para a praza e o parque, valorado en 122.000 euros, permitiu renovar a zona na que se sitúan os xogos e crear unha nova área de calistenia.
· No local social investíronse 134.000 euros para levar a cabo unha rehabilitación total da envolvente térmica.
O Concello de Bergondo finalizou simultaneamente dúas obras en Santa Marta de Babío: a mellora da praza e a zona de xogos e a rehabilitación enerxética do local social. Estes proxectos supoñen un investimento total de 256.000 euros.
Por unha banda, o proxecto de modernización da praza de Santa Marta, valorado en 122.000 euros, cofinanciado a través do Plan Único da Deputación dá #o Coruña, conseguiu convertela nun espazo interxeracional máis accesible e seguro. Os traballos incluíron a renovación total da zona infantil, con novos xogos e un pavimento de cortiza de piñeiro para elevar os estándares de seguridade. Ademais, para fomentar o exercicio ao aire libre, creouse unha nova área de calistenia e un moderno circuíto de aparellos biosaudables. Tamén se instalaron diversos elementos de mobiliario urbano.
No Centro Social de Santa Marta ‘Xabiela Fraga Sánchez’ investíronse 134.000 euros para levar a cabo a rehabilitación enerxética do edificio. O proxecto supuxo unha intervención completa tanto no interior como no exterior do inmoble. No interior, levouse a cabo unha mellora da envolvente térmica mediante trasdosados e illamento, incluíndo a instalación de dobre carpintería interior. Tamén se renovou o chan e actualizáronse as instalacións de electricidade e calefacción. No exterior se substituyó a cuberta, alén de canlóns e baixantes. Incorporáronse tamén novos puntos de iluminación exterior.



