Tuesday 22 de September de 2026

Un ano despois, sen novidades para o aparcadoiro do Centro de Saúde de Portádego


Alternativa demanda coñecer o estado da actuación anunciada fai un ano para a ampliación de aparcamentos no Centro de Saúde de Portádego

A pesar de que o pasado mes de xuño o goberno municipal anunciou estar “pendentes de solicitar unha reunión formal coa Consellería” para abordar o proxecto, non houbo avances, nin foron trasladadas novidades ao respecto.

A solución proposta dende o goberno local sería habilitar prazas de aparcamento exclusivas para o persoal do Centro de Saúde nun terreo lindeiro. Pero na actualidade a veciñanza de Portádego e persoas usuarias do Centro de Saúde continúan cun problema de estacionamento que afecta á mobilidade da zona.

Alternativa volve a demandar información incidindo no avance da situación.

Deja un comentario