O Concello de Neda retoma, da man da Escola Galega de Saúde para cidadáns, a súa oferta de accións formativas e informativas en materia sanitaria. E faino cun obradoiro sobre primeiros auxilios na infancia. Unha iniciativa pensada para dotar a nais e país duns coñecementos básicos para saber como actuar en caso de emerxencia das súas fillas e fillos pequenos. O cursiño, que terá lugar o 19 de outubro, vén de abrir o prazo de inscrición.
A actividade desenvolverase na Casa da Cultura, en horario de 16:30 a 19:30 horas, e busca que as persoas participantes poidas adquirir coñecementos sobre o manexo de situacións que requiran actuacións inmediatas cando un neno ou unha nena sofre un accidente ou presenta unha emerxencia de saúde.
O cursiño, impartido por María Amparo González, médica base na Coruña da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, busca que os proxenitores aprendan accións e procedementos de atención inicial ante situacións de urxencia máis frecuentes (convulsións, crises epilépticas dificultades respiratorias, perda de coñecemento, atragoamento…) Trátase ademais de resolvendo todas as dúbidas que poidan xurdir sobre os primeiros auxilios na infancia, diferentes aos dos adultos.
Xa está aberta a inscrición na actividade, que dará dereito a diploma de participación, a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns (https://escolasaude.sergas.es/, apartado de cursos presenciais). Na Casa da Cultura axudarase á veciñanza interesada en participar que teña dificultades para inscribirse online.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.