O Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo pon en marcha unha nova actividade de Mindfulness MBSR (Redución do Estrés Baseada en Mindfulness), dirixida a mulleres menores de 60 anos que estean interesadas en incorporar ferramentas prácticas que lles permitan coidar o seu benestar emocional, xestionar mellor o estrés e relacionarse dun xeito máis consciente coas situacións do día a día.
A proposta será impartida pola psicóloga Teresa Vilanova e non require ningún tipo de experiencia previa en mindfulness. O obxectivo é ofrecer ás participantes un espazo semanal de pausa, escoita e coidado persoal, ao tempo que adquiren recursos e estratexias que poidan trasladar posteriormente á súa vida cotiá.
A actividade comezará o xoves 1 de outubro e desenvolverase durante dez sesións, todos os xoves, en horario de 10.00 a 12.00 horas, na primeira planta do mercado municipal.
O programa contará con 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición a través da web municipal, carballo.gal, nesta ligazón:
Con esta iniciativa, o CIM amplía as propostas orientadas ao benestar e ao autocuidado das mulleres, ofrecendo ferramentas que poden contribuír a afrontar con maior consciencia situacións de estrés, sobrecarga ou tensión e a reservar un tempo propio dentro das rutinas habituais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.