A praza Esther Pita de Santa Cruz acolleu durante esta fin de semana a novena edición de Rockanroleiros, un festival organizado polo Concello de Oleiros en colaboración coa Asociación Musicoleiros. Centos de persoas participaron no evento celebrado durante o sábado e o domingo.
Ademais das actuacións de bandas históricas como Los Rebeldes, Rockanroleiros tamén é un importante espazo de promoción do talento musical local da man de distintos grupos formados no municipio que teñen cabida neste festival. Unha proposta cultural importante dentro do diverso abano de actividades culturais do Concello de Oleiros.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.