Preto de 70 persoas de todas as idades asistían esta mañá en Neda á primeira das funcións que o Festival Internacional de Entes Animados traerá ao municipio. O artista británico Drew Colby non defraudaba, e co seu espectáculo “¿Quen é o señor Sombra?” poñía ao público en pé. Era a súa segunda visita a Neda, xa que este ano, e a petición dos concellos, o festival apostaba no seu programa por dar cabida de novo a aquelas compañías que mellor sabor de boca deixara en anteriores edicións. Foi o caso de Colby, que arrasara xa na localidade en 2025 creando e animando imaxes de sombra utilizando para isto pouco máis que as súas mans.
A próxima cita en Neda será xa o sábado 26, ás 12:30 horas, tamén na casa da cultura, co espectáculo “Alex Barti Show”



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.