O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu na casa do concello ao capitán Jesús Ramón Viaño Calviño, que se achegou para despedirse con motivo do remate da súa etapa á fronte da quinta compañía da Garda Civil, con base en Carballo.
O encontro desenvolveuse nun ambiente moi cordial e serviu para facer balance destes anos de colaboración e da relación mantida entre a Garda Civil e o Concello de Carballo en materia de seguridade e coordinación institucional.
Daniel Pérez agradeceulle a Jesús Ramón Viaño o traballo desenvolvido durante esta etapa, así como a súa disposición permanente ao diálogo e á cooperación coa administración local, e desexoulle o mellor para a nova etapa que comezará en breve.
Como recordo do seu paso por Carballo, o alcalde entregoulle unha pequena selección de publicacións e elementos representativos do concello.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.