• O espectáculo representarase o domingo 27 de setembro, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta.
O Auditorio Municipal de Ribeira acollerá o vindeiro domingo, 27 de setembro, ás 19.00 horas, o musical inclusivo ‘Peter! Voamos!’, un proxecto impulsado pola Asociación ASPAS e apoiado polo Concello de Ribeira. A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto e as portas abrirán media hora antes.
Baseado na historia de Peter Pan, o espectáculo conta coa participación de máis de 48 actores e actrices con discapacidade intelectual, que son os protagonistas da montaxe. O proxecto complétase cunha orquestra en directo de 12 músicos, un grupo de bailarinas e un amplo equipo de voluntariado e profesionais das artes escénicas, implicando en total a máis dun cento de persoas.
Con nove anos de traxectoria, ‘Peter! Voamos!’ foi representado en diferentes localidades galegas. A función ten unha duración aproximada de 90 minutos e combina teatro, música e danza nunha proposta que pon en valor o talento e as capacidades artísticas das persoas con discapacidade intelectual.
Desde o Concello de Ribeira destacan o valor desta iniciativa como exemplo de cultura inclusiva e agradecen á Asociación ASPAS a súa aposta por traer o espectáculo ao Auditorio Municipal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.