• Lograron ademais que os 500.000 euros previstos para gasto corrente quedasen vinculados integramente o gasto da iluminación pública
• Izaskun García: “O que fai falta é un POS pensado desde as necesidades reais da xente, con diálogo previo, proxectos preparados e cada euro destinado a mellorar Culleredo”
O PP de Culleredo apoiou no pleno extraordinario celebrado hoxe a segunda fase do POS+ Adicional 2/2026, cuxo prazo de presentación de solicitudes termina mañá venres. Os populares apoiaron os proxectos para Orro, Boedo e Bregua, cun investimento de 1,6 millóns de euros, porque calquera mellora para estas parroquias é positiva. No entanto, critican que o goberno municipal levase as actuacións ao pleno “xa pechadas e no último momento” e, sobre todo, sen escoitar previamente aos veciños, que consideran que non responden plenamente as prioridades e necesidades das súas zonas. “Escoitar antes de decidir permitiría aproveitar moito mellor estes recursos”, explica a portavoz popular, Izaskun García.
O PP conseguiu tamén que os 500.000 euros asignados no POS de forma xenérica a gasto corrente quedasen finalmente vinculados a un destino concreto. A proposta inicial do goberno municipal só detallaba 100.000 euros para iluminación pública, sen explicar en que empregaríanse os outros 400.000. Ante esta falta de información e a negativa do Gobierno local a incluír outros proxectos ou investimentos, o PP esixiu que se especificasen por escrito os servizos, conceptos e importes a financiar con ese diñeiro.
Os populares destacan que a súa esixencia de concretar o destino deses fondos tivo un resultado efectivo no acordo, apoiando finalmente a proposta de destinar integramente os 500.000 euros ao gasto da iluminación pública. “Os veciños teñen dereito a saber en que emprégase ata o último euro. Agora xa non é unha partida xenérica, senón medio millón destinado a un servizo municipal perfectamente identificado. Iso é máis transparencia, control e responsabilidade”, sinala García.
O PP de Culleredo valora especialmente a implicación dos veciños e asociacións, cuxo coñecemento de cada parroquia resulta fundamental para decidir ben onde e como investir os recursos públicos: “O que fai falta é un POS pensado desde as necesidades reais da xente, con diálogo previo, proxectos preparados e cada euro destinado a mellorar Culleredo”.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.