Friday 18 de September de 2026

Neda acolle este sábado o espectáculo “Quen é o señor sombra?” do londinense Drew Colby


A función gratuíta forma parte do Festival Internacional de entes animados

O VIII Festival internacional de entes animados, que se desenvolve ata o 27 de setembro en oito municipios, chega este sábado ao mediodía a Neda. Tras arrasar na seu primeira visita á vila, o artista inglés Drew Colby, volve á localidade cun novo espectáculo “Quen é o señor sombra?”.

A proposta dos técnicos culturais dos concellos coorganizadores do certame, o festival, dirixido por Plamen Dipchikov, volve contar coas compañías que mellor sabor de boca deixaron entre o público nestes anos, e este mestre das sombras chinesas non podía faltar.
Popular pola seu paso por programas televisivos como Got talent, o londinense mostrará, unha vez máis, o seu talento para crear e animar imaxes de sombras, usando pouco máis que as súas mans para sorprender ao público. Será o 19 de setembro na Casa da Cultura de Neda, a partir das 12:30 horas, con entrada libre.

Ao igual que en “My shadow and me”, a anterior obra que pasou polo Festival de entes animados, “Quen é o señor sombra?” é un espectáculo cheo de divertidos encontros, no que Colby explora as posibilidades que ofrecen dúas mans, accesorios básicos e unha luz. Pequenas historias cheas de maxia, que garanten sorrisos, asombro e mesmo algunha bágoa.

Deja un comentario