Friday 18 de September de 2026

Pedro Blanco leva as #ConversasDeBarrio ao rural de Santiago “para escoitar as demandas das parroquias”


O candidato socialista á Alcaldía de Santiago reivindica “contar co sentir do rural” para construír un Santiago con igualdade de oportunidades e servizos públicos de calidade vivas onde vivas

Reuniuse coa Asociación de Veciños Rego das Pedras de Marantes para coñecer de primeira man as demandas e preocupacións desta parroquia de Compostela e comprometeuse a volver para presentar as propostas que se incorporen ao proxecto socialista

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa Asociación de Veciños Rego das Pedras de Marantes para coñecer de primeira man as demandas e preocupacións desta parroquia de Compostela. Este encontro enmárcase na iniciativa #ConversasDeBarrio, coa que está a percorrer os diferentes barrios e parroquias de Santiago para escoitar á veciñanza e incluír estas necesidades no seu proxecto para a cidade.

Pedro Blanco, acompañado pola concelleira socialista Marta Abal e polo membro da executiva municipal Brais Rodríguez, defendeu a necesidade de contar tamén “co sentir do rural” na construción do futuro de Santiago. “Se queremos acertar, primeiro temos que escoitar”, sinalou o candidato, que reivindicou a importancia de garantir “as mesmas oportunidades vivas onde vivas”, con servizos públicos de calidade en todos os barrios e parroquias.

Durante o encontro, Pedro Blanco explicou que as #ConversasDeBarrio teñen como obxectivo coñecer as necesidades concretas de cada zona antes de formular propostas. “Queremos facer un proxecto pensado para Santiago, pero tamén para cada barrio e cada parroquia”.

O candidato comprometeuse a volver a Marantes para presentar as propostas que se incorporen ao proxecto socialista, mantendo así unha escoita permanente coa veciñanza durante todo o proceso.
“Barrio a barrio, parroquia a parroquia e colectivo a colectivo. Escoitar para acertar e para construír o Santiago que todas e todos queremos porque estou convencido de que imos levantar Santiago desde os barrios”, concluíu.

Deja un comentario