• A venda das entradas comeza no 17 de setembro
Ribeira será unha das paradas dentro da xira galega do mago e pianista Nacho Samena co seu espectáculo Sugestión, que ofrecerá no Auditorio municipal no 16 de xaneiro, ás 20.00 horas.
Sugestión é o novo espectáculo de Nacho Samena no que combina as súas dúas grandes paixóns: a música e a maxia. Trátase dun show interactivo, fresco e sorprendente, dirixido a público familiar.
“Traballamos para darlle contido ao buque insignia da cultura do Concello de Ribeira, como é o Auditorio Municipal. Nesta ocasión traemos un espectáculo para toda a familia dun mago e músico de recoñecido prestixio”, declara a concelleira de Cultura, Ana Barreiro. Samena é un reputado mago cunha ampla traxectoria profesional. É subcampeón nacional de maxia do 2023, finalista de Got Talent España no 2026 e percorreu os principais teatros de Galicia como mago nas Galas Internacionais de Galicia Ilusiona 2025 e actúa nos festivais de maxia máis prestixiosos do país.
A venda das entradas comeza no xoves, 17 de setembro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 15 euros.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.