O Concello de Neda mellorará a área de estacionamento habilitada hai un lustro xunto á pista polideportiva do Roxal. A intervención busca dotar a este espazo dun pavimento axeitado que permita o seu uso ao longo de todo o ano. A obra, xunto a outras melloras na contorna da pista, financiarase con cargo aos POS + adicional 2/2026 da Deputación da Coruña.
Así, a administración local apostará por aglomerar en quente unha parte desta parcela duns 2.000 metros cadrados, actualmente resolta con grava natural compactada, e o marcado das prazas de estacionamento. Unha medida que permitirá aproveitar ao máximo o espazo e posibilitar ás persoas que fan uso das instalacións deportivas, e máis á veciñanza, facer uso tamén na época invernal e en días de choiva.
En paralelo, o proxecto, aprobado por unanimidade polo pleno municipal, permitirá substituír por un muro con valla metálica a deteriorada rede metálica que separa o espazo de acceso ao terreo de xogo e máis ao bar da pista da propiedade contigua. En total, o investimento roldará os 32.200 euros.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.