Os días 19 e 20 de setembro celebrarase na Praza de Esther Pita, en Santa Cruz, o IX Festival Rockaroleiros, organizado polo Concello de Oleiros e a Asociación Músicoleiros.
Ás 20:00 horas do sábado comezará a edición deste ano coa actuación do grupo Gran Sol, para dar paso a continuación ás bandas Scarecröw e The Black Age, esta última, gañadora da batalla de bandas organizada pola Asociación Musicoleiros. Esta primeira xornada rematará co concerto ás 23:30 horas do grupo Los Rebeldes.
O domingo 20 será o día das bandas locais, que terán o seu espazo na sesión vermú que se celebrará entre as 13:00 e as 14:30 horas, para continuar pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas.
Esta edición do festival de rock contará ao igual que nas edición anteriores, cun mercado instalado na propia Praza de Esther Pita.
A entrada é de balde.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.