• A reunión permitiu avanzar no diálogo cos veciños e veciñas e reafirmar a vontade de que o proxecto continúe avanzando
Retomáronse os encontros cos veciños e veciñas de Carreira afectados polo trazado do proxecto de mellora da seguridade viaria coñecido como a Curva da Muiñeira, nunha reunión que resultou frutífera e na que se puxo de manifesto a vontade de seguir avanzando na procura das mellores solucións para a zona.
Durante o encontro, os veciños e veciñas puideron trasladar as súas cuestións, preocupacións e achegas en relación co proxecto, ao tempo que se analizaron diferentes aspectos relacionados co seu desenvolvemento.
O encontro, no que participaron o concelleiro Víctor Reiriz, persoal técnico encargado do proxecto e as persoas afectadas polo trazado, permitiu achegar posturas e avanzar na procura dunha solución que compatibilice, na medida do posible, os intereses dos implicados coa necesidade de mellorar a seguridade viaria neste punto de Carreira. O goberno municipal valorou positivamente o resultado do encontro e destacou a importancia de manter unha comunicación fluída coa veciñanza.
O obxectivo é continuar traballando de maneira conxunta para que a actuación da Curva da Muiñeira poida avanzar, dando resposta a unha demanda histórica vinculada á mellora da seguridade viaria e procurando compatibilizar a execución do proxecto cos intereses das persoas implicadas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.