A proposta inclúe tres novas obras por 237.466,21 euros e outros 50.023,78 euros destinados a gasto corrente municipal
O Concello de Laxe levará este xoves, 17 de setembro, ao Pleno municipal unha proposta correspondente ao POS+ Adicional 2/2026, 2ª fase, que mobiliza un total de 287.489,99 euros.
Desta contía, 237.466,21 euros destinaranse á execución de tres novas actuacións de mellora das infraestruturas municipais, mentres que 50.023,78 euros se destinarán a gastos correntes do Concello durante o exercicio 2026.
As tres obras que se someterán á aprobación plenaria son:
- Execución dun itinerario peonil na rúa Villa Amparo, en Laxe, cun orzamento de 30.247,89 euros.
- Acondicionamento de vías no lugar de Boaño, por importe de 70.780,16 euros.
- Reparación dunha vía municipal no núcleo rural de Cabanela, na parroquia de Traba, cun investimento de 136.438,16 euros.
Estas tres actuacións suman 237.466,21 euros, aos que se engaden os 50.023,78 euros para gasto corrente, alcanzando así unha dotación global de 287.489,99 euros.
A proposta será debatida e sometida a votación no Pleno municipal deste xoves, coa finalidade de continuar avanzando tanto na mellora das infraestruturas e da rede viaria municipal como no financiamento dos servizos e necesidades ordinarias do Concello.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.