Tuesday 15 de September de 2026

O Tribunal administrativo de contratación pública confirma que as melloras do contrato de limpeza viaria son correctas


O PSOE de Oleiros volveu fracasar no seu intento de paralizar o normal funcionamento do Concello. O concelleiro socialista presentara unha denuncia para intentar impedir a contratación da mellora da limpeza viaria en Santa Cristina que o Tribunal administrativo de contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia acaba de inadmitir.

Tal e como recolle a resolución “o motivo non pode prosperar, posto que non se menciona sequera cal é o incumprimento e regulación do trámite supostamente omitido”. O incremento do contrato efectuado polo Concello é do 1,727% do prezo inicial do contrato, cando está establecido que se pode modificar ata un 20% sen realizar unha nova licitación.

Con este novo ridículo público, o concelleiro socialista volve deixar patente o seu total descoñecemento do funcionamento da administración, así como as súas formas de facer política baseadas na mentira e na difamación para intentar proxectar un funcionamento ilegal e irregular por parte da administración municipal que non existe. Para elo non só se conforma con recorrer ao ataque persoal contra o alcalde e os concelleiros do Goberno de Alternativa dos Veciños, senón que tamén ataca directamente o traballo realizado polos distintos funcionarios.

Deja un comentario