Comezan a funcionar os obradoiros municipais de estimulación cognitiva, dirixidos á poboación maior da localidade. A oferta do Concello de Neda contempla os talleres de memoria, que arrincaban onte, e o de “Mentes activas”, iniciativas que teñen ademais a misión de fomentar a relación entre as persoas participantes. A inscrición segue aberta ata esgotar prazas.
Maiores de 65 anos son os destinatarios fundamentais destas actividades, incluídas no programa “Nedactívate”, e concibidas para manter activos aos participantes a nivel cognitivo, estimulando as súas capacidades mentais e, ao tempo, contribuíndo a evitar situacións de soidade e illamento.
Os talleres de memoria, nos que se traballa especialmente a lectoescritura, desenvólvense todos os luns na Casa da Cultura, en dous grupos (o primeiro, de 9:30 a 11:00 horas, e o segundo de 11:00 a 12:30 h). O primeiro deles e tamén o obradoiro “Mentes activas”, programado para os mércores na casilla do Puntal, entre as 16:00 e as 17:30 h, son os que contan actualmente con prazas vacantes.
Para participar nas actividades cómpre anotarse, de forma presencial no centro cívico de Neda, de luns a venres, de 9:30 a 12:00 h.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.