Por causa de forza maior, o Concello de Neda vese obrigado a aprazar o último espectáculo do programa “Miúdo verán”, inicialmente previsto para esta tardiña nos Subarreiros. Avanza, iso si, a nova data, que será finalmente o domingo 6 de setembro, coincidindo coa Festa do Pan, ás 12:00 horas, no paseo marítimo, na zona máis próxima ao parque infantil. Alí, a compañía “Sempre arriba” ofrecerá o seu show “Hoxe, si!”, no que mistura clown, acrobacias aéreas e moito humor. Desculpade as molestias

