Tuesday 15 de September de 2026

Un total de 10 concesionarios e 16 marcas apúntanse ao reto do 10º Repsol EcoRallye A Coruña


– As principais firmas da automoción eléctrica a nivel mundial terán representación na proba coruñesa, que arrinca o xoves 17 de setembro.

– Ata 10 concesionarios participan como colaboradores nesta edición.

As principais marcas en materia de mobilidade sostible daranse cita no 10º Repsol EcoRallye A Coruña, que dará o banderazo de saída o xoves 17 de setembro. Son un total de 16 firmas agrupadas nunha decena concesionarios coruñeses que, alén de participar, ofrecen un apoio indispensable á proba como colaboradores.

Desta forma, tomarán a saída do 10º Repsol EcoRallye A Coruña as seguintes marcas: Omoda, Jaecoo, Ford, Mazda, Mercedes Benz, Hyundai, Kia, Skoda, Audi, Volkswagen, Renault, Toyota, Nissan, Dongfeng, Xpeng e Leapmotor. Os seus vehículos 100% eléctricos enfrontaranse ao maior desafío que a organización do evento propuxo para a edición do décimo aniversario: 587 quilómetros de percorrido —425, o 72,5% deles, cronometrados— pasando por 35 municipios galegos; 33 deles coruñeses e 2 lucenses.

Ademais, cabe destacar o papel que xogan os concesionarios colaboradores como motor da proba. Este ano participan dela prestando vehículos a participantes Galmotor-Gonzacar, Louzao, Hyupersa Finisterre Motor, Corgal Automóbiles, Gadasa, Arrojo, Caetano Fórmula, Antamotor, Leapmotor e, de forma especial, Resnova Motor, como un dos patrocinadores da proba.

Cabe destacar a importancia de Resnova Motor, un dos patrocinadores principais da edición do 10º aniversario. Alén de prestar coches para a competición —como o resto de concesionarios colaboradores—, fornecerán os vehículos necesarios para formar a caravana da organización.

Desde a organización subliñan a importancia deste tipo de alianzas estratéxicas para consolidar o evento como un escaparate referente da electrificación do parque móbil. Grazas á implicación do sector automobilístico local, a proba non só mostra o rendemento e a eficiencia da mobilidade sostible na estrada, senón que tamén achega á cidadanía as últimas innovacións tecnolóxicas dos concesionarios da zona.