Tuesday 15 de September de 2026

A alcaldesa de Ribeira despide a Juan Andrés Pérez como capitán marítimo de Vilagarcía


 María Sampedro destaca os catro anos de traballo na ordenación da navegación na ría de Arousa

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, despide a Juan Andrés Pérez, quen os últimos catro anos desempeñou o cargo de capitán marítimo de Vilagarcía e a súa área de influencia e que pasa a formar parte como conselleiro da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, Marítimos e de Aviación Civil.

O ribeirense tomou posesión como responsable de Capitanía Marítima en abril do 2022; un período de traballo na ordenación da navegación da ría da Arousa que destacou a rexedora. Un exemplo foi o operativo para a retirada do Awadi do peirao ribeirense, no que a mandataria local enxalza a implicación de Pérez e de todo o equipo que comandaba. Augura a “mellor das sortes” neste novo horizonte profesional que se abre ante el.

Agora substitúeo no posto outro ribeirense, Álvaro Vidal, quen xa integraba o equipo de Pérez como xefe do distrito marítimo de Cambados. Sampedro deséxalle ao novo capitán marítimo “unha moi boa singradura no posto como fixo o seu antecesor, para seguir velando pola seguridade da navegación, o tráfico marítimo e a protección do medio ambiente deste anaco de costa galega, tendo en conta o que representa para Ribeira o mar.”