Sunday 13 de September de 2026

Outes a escena ofrece cinco meses de programación teatral na vila


Outes a escena, albergará a programación de espectáculos de artes escénicas durante as fins de semana dos meses de setembro e ata xaneiro de 2027 incluídos, que se representarán no auditorio da Casa da Cultura de Outes, en total serán 19 representacións para tódolos públicos.

A programación tira de diferentes entidades públicas que axudan económicamente a que esto sexa posible. Así pois enmárcase dentro das propostas da AGADIC a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e tamén de Escena Galega a través de Camiño Escena Norte.

As entradas ás distintas funcións poderán obterse dúas semanas antes de cada representación a través do servizo telemático habilitado na páxina web do Concello de Outes ou ben de xeito presentacial na Casa da Cultura na mesma semana da representación.

TRES BONOS PARA ACHEGAR A CULTURA ÁS FAMILIAS

Como novidade desta edición, dentro da programación buscouse poder chegar a un máis amplo habano de público, incorporando tres pezas para público bebé (primeira infancia). Porén aberá tres bonos para poder acceder ás representación e que poderán adquirirse presencialmente na Casa da Cultura. A través da compra dos bonos o público obterá un desconto do 30% sobre o prezo total das pezas para esa franxa de idade e ademáis asegúrase unha reserva de asento en todas as obras que se inclúan para ese bono.

Bono xeral – Público adulto / bono miúdo – Público infantil e familiar a partires dos 4 anos. / Bono 1ª infancia (de 0 a 4 anos).

Máis información na páxina web do Concello de Outes, www.outes.gal, na Casa da Cultura de Outes ou nos teléfonos 981 85 0950 ou no 981 842406.