A chuvia respectou, e maiores de Viladonelle e de Neda puideron desfrutar esta mañá dos paseos didácticos programados polo Concello de Neda no marco da iniciativa “Saberes e lembranzas”. Da man do educador ambiental Xavier Pujol, veciños e veciñas de máis de 60 anos fixeron memoria e compartiron historias e recordos sobre o uso que tradicionalmente se lles daba plantas, herbas e árbores comúns da nosa contorna, ademais de descubrir novas curiosidades. A iniciativa contou con participantes de Aloumiños.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.