O Ministerio de Defensa programou máis de 40 actividades, organizadas polos Exércitos e a Armada, que se desenvolverán en Galicia, con motivo da celebración do Día das Forzas Armadas.
O Exército de Terra levará a cabo na Coruña, dúas exposicións, unha delas fotográfica do exercicio ?TRIDENT JUNCTURE 2015? realizado no noso país no que participaron máis de 24.000 militares de 32 países. A outra exposición recolle as Misións Internacionais de Paz nas que España participou.
Entre as actividades destacan unha Carreira de Orientación Infantil que se celebrará o 21 de maio, as conferencias ?A reconstrución en Paquistán? e ?A reconstrución en Afganistán? e dous concertos, o primeiro a cargo da Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa, e o segundo ofrecido polos Conservatorios de Música da Coruña coa Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa.
Por último, o Exército de Terra realizará na Coruña dous actos militares, unha Substitución Solemne da Garda e un acto de Homenaxe aos que deron a súa vida por España, e tamén está previsto que se poida visitar o Palacio de Capitanía do 23 ao 29 de maio.
Entre as actividades do Exército do Aire en Galicia, destaca a exposición fotográfica que organizará en Noia e que estará aberta ao público ata o 29 de maio.
Pola súa banda a Armada, desenvolverá en Ferrol unha serie de actividades entre as que se inclúen un acto de Arriado Solemne na Porta do Dique do Arsenal Militar, así como varias Xornadas de Puertas Abertas nas que se poderán visitar o Arsenal Militar, o Cuartel de Dores sede do Terzo Norte de Infantería de Mariña, as fragatas F-100, o Simulador de Navegación no Arsenal, as Escolas de Especialidades da Armada ?Antonio Escano? e a Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña (ESENGRA), A Unidade de Mergullo de Ferrol, e o Museo Naval.
O venres 27 de maio a Unidade de Música do Terzo Norte, ofrecerá un concerto no Teatro Jofre e o 28 de maio, a Unidade Cinológica do Terzo Norte realizará unha demostración na Praza da Constitución. Tamén levarán a cabo os tradicionais Bautismos de Mar para colexios de Ferrol nas Unidades do Tren Naval do Arsenal de Ferrol e en Unidades da ESENGRA.
Nesta mesma Escola de Especialidades realizaranse visitas guiadas para as Asociacións de Veciños e para colexios, que incluirán os Talleres de Repostería e Panadería. Ademais, a Armada convocou un concurso de Literatura e Debuxo, para nenos entre 8 e 13 anos, dos colexios de Ferrol.
En Marín entre as actividades programadas, destacan as deportivas, así como unha Xornada de Puertas Abertas na Escola Naval Militar (ENM), unha Xura de Bandeira de Reservistas, un concerto da Banda de Música da ENM, unha conferencia sobre Blas de Lezo e unha exposición sobre este ilustre mariño no Museo de Pontevedra.
DESDE 1978
A celebración do Día das Forzas Armadas (DIFAS) remóntase a 1978. É unha festividade, celebrada tradicionalmente na última semana de maio, que busca fomentar o coñecemento e a integración da sociedade cos seus Exércitos.
Os actos centrais do DIFAS 2016 serán presididos por S.M. o Rey don Felipe, acompañado de Réinaa dona Leticia, e celebraranse en Madrid o vindeiro sábado 28 de maio.
Durante os días precedentes terán lugar, ademais, preto de 390 actividades cívico-militares en toda España, que repetirán o mesmo formato austero xa aplicado nas últimas edicións.