Thursday 20 de August de 2026

O BNG da Laracha denincia que o concello non atende ás suas obrigas de mantemento do colexio de Caión


O grupo municipal foi coñecedor das deficiencias estructurais por falta de mantemento do CEIP de Caión durante unha reunión mantida con directivos da ANPA A Balea.

 

O BNG da Laracha fai pública a súa denuncia ante o desleixo do goberno municipal á hora de atender as súas obrigas no mantemento do colexio. Pintura que cae a cachos dos teitos exteriores, ferros á vista nos marcos das fiestras ou un portal de entrada completamente enferruxado e corroído, son alguns das deficiencias que se poden ver a simple vista a menos de tres semanas do incio do curso escolar sen que, segundo trasladaron dende a ANPA, ninguén se preocupase por acometer os amaños.

“Non pode ser que o goberno municipal despilfarre os cartos en cousas moito menos necesarias, cando os nenos e nenas de Caión teñen comezar o curso nun edificio degradado”, declarou a Portavoz nacionalista Carolina Castiñeiras.

Dende a dirección da ANPA A Balea, tamén mostraron a súa preocupación polo ritmo das obras do comedor: “Nós mesmos propuxemos ó Concello que o comedor se trasladase a este espazo municipal, que consideramos idóneo porque está pegado o colexio e xa contaba con moitas das instalacións necesarias para adaptalo a este uso pero, vendo o lento avance das obras, dubidamos de que estea en funcionamento para o día 9 de setembro”, declarou o presidente da ANPA.

Así a situación, dende o BNG da Laracha instan ó concello a atender as demandas da comunidade educativa coa máxima celeridade para que as crianzas de Caión se poidan reincoporar as aulas no incio do novo curso nun ambiente digno, seguro e salubre.

Deja un comentario