A Casa das palmeiras será escenario o vindeiro martes, 25 de agosto, a partir das 19:30 horas, da presentación do último número, o 16, de “Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid”. Trátase dunha cita xa imprescindible no calendario cultural do verán de Neda que, como sempre, se completará cun recital poético colectivo.
Os escritores Vicente Araguas, fillo predilecto de Neda, e máis Manuel Pereira Valcárcel, director e secretario respectivamente da publicación, farán un pequeno adianto dos contidos da revista que, desta volta suma ata 14 colaboracións. Un número que leva á súa portada, ao editor, poeta, e memorialista pontevedrés Sabino Torres, fundador deste proxecto editorial, ao cumprise dez anos do seu pasamento.
Tras a presentación, chegará recital poético no que, ademais de Araguas e Pereira, tomarán a palabra autores como Xoán García, Antonio Polo, José Ignacio Cadenas, Carlos Neira, Pedro Rascado, Pura Tejelo e Xosé María Dobarro. A cita, como sempre, está aberta ao conxunto da veciñanza e visitantes.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.