Son xa cinco os emprendedores que fan uso do espazo municipal
O Viveiro de Empresas de Ribeira acubilla unha nova iniciativa emprendedora dende mediados deste mes de agosto coa incorporación de Arosa Zona Cero y desarrollo.
Súmase así a Deporvida Nutrición, Fabricamos comunicación, dietista Celia Domínguez e a terapeuta Nancy Silva, polo que xa son cinco os emprendedores que fan uso deste espazo, establecéndose a capacidade total en nove.
Dende a posta en marcha deste viveiro en marzo de 2016, pasaron xa por aquí autónomos e unha cooperativa de distintos sectores.
Ademais, nas súas instalacións desenvólvese o Programa Integrado de Emprego de Ribeira e bríndase o Servizo de Orientación Laboral. Este edificio eríxese como unha ferramenta do Concello de Ribeira para o emprendedor que inicia a súa actividade, locais de uso rotativo temporal, xunto con asesoramento e prestación de servizos para mellorar así as expectativas das empresas nos seus primeiros anos de existencia e posibilitar que se arraiguen e radiquen no municipio mediante a compra ou alugueiro dun local.
Para a alcaldesa, María Sampedro, este é “un exemplo máis do Concello para alentar as iniciativas empresariais, intentando conseguir a creación e consolidación de empresas que contribúan ao crecemento económico e creación de emprego no noso municipio.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.