Tuesday 18 de August de 2026

O Concello aproba a licenza para a construción de 33 vivendas de protección autonómica no Restollal


O edificio, que se construirá na rúa Manuel Ceruelo, terá dous sotos, planta baixa e catro andares para 33 vivendas de protección autonómica, ademais de garaxes e rochos. As vivendas terán protección permanente.
O Concello aproba a licenza para a construción de 33 vivendas de protección autonómica no Restollal
O Concello de Santiago vén de conceder licenza á cooperativa Porto Sur para construír un edificio de dous sotos, planta baixa e 4 andares na rúa Manuel Ceruelo nº 1, para 33 vivendas de protección autonómica de réxime especial, garaxes e rochos.

O edificio construirase nunha das parcelas que o Concello sacou a concurso para mobilizar solo para vivenda protexida de nova planta con cualificación permanente e obter ingresos para crear outras vivendas protexidas municipais a través da rehabilitación. Esta parcela foi adxudicada en decembro de 2025 por 761.101 euros+IVE.

Cabe lembrar que hai tres réximes de vivenda de protección autonómica (especial, xeral e concertado) e o réxime especial asignado a esta parcela polo planeamento urbanístico é o que ten os prezos máis baixos.

As vivendas terán protección permanente porque se construirán en solo desenvolvido por un promotor público, e tamén porque o destino permanente de vivenda protexida consta na escritura de compravenda, de acordo co establecido no prego de cláusulas da licitación.

Deja un comentario