Veolia, empresa concesionaria do servizo municipal de abastecemento, segue a traballar en alternativas para aumentar o volume de auga das Forcadas que chega a Neda dende Narón e Fene, paso indispensable para que se poidan encher os depósitos da Rabadeña (zona alta) e Os Pazos e restablecer o servizo tan pronto como sexa posible. Mentres, o Concello se segue adiante co subministro alternativo.
Así, mantense operativo o camión cisterna, habilitado o xoves na contorna do centro de saúde local para encher garrafas.
Continúase co reparto a domicilio de auga envasada a persoas que, polo motivo que sexa (idade, problemas de mobilidade, falta de transporte…) non podan desprazarse ata Albarón. Terán que contactar aos teléfonos 689028675 e 659684435. Estase a prestar especial atención aos usuarios e usuarias do SAF, persoas en situación de dependencia




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.