Thursday 13 de August de 2026

O dispositivo municipal garante unha xornada de eclipse segura e sen incidencias destacables


A eficacia do dispositivo especial de seguridade e mobilidade despregado polo Concello de Oleiros con motivo do eclipse solar permitiu gozar dunha xornada excepcional con total normalidade e sen incidencias destacables. O Concello agradece tanto o traballo desenvolvido polos distintos traballadores municipais como a colaboración cidadá.

Máis de cen efectivos da Policía Local, Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil e Servizo de Salvamento e Socorrismo, coa colaboración da Garda Civil, traballaron arreo durante toda a xornada para garantir a seguridade, ordenar os desprazamentos e atender as posibles incidencias. O bo facer dos distintos profesionais municipais e a coordinación entre os diferentes servizos, xunto coa colaboración da cidadanía e o cumprimento das indicacións dos efectivos, resultaron fundamentais para o correcto desenvolvemento do operativo.

Unha vez rematada a eclipse, producíronse algunhas retencións puntuais nos principais puntos de observación debido á saída simultánea de vehículos, sen que estas afectasen de forma significativa ao normal funcionamento do tráfico.

Deja un comentario