Wednesday 12 de August de 2026

A praza do Centenario de Ribeira acolle unha mostra sobre os proxectos cofinanciados en Galicia a través de fondos europeos


 Os paneis informativos poden visitarse ata o 21 de agosto

A exposición itinerante sobre os proxectos cofinanciados en Galicia a través de fondos europeos recala na praza do Centenario de Ribeira ata o 21 de agosto.

Trátase dunha mostra promovida pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia que consta dunha vintena de paneis informativos repartidos en cinco estruturas con forma de cubo, os cales repasan o desenvolvemento que experimentou Galicia nas últimas décadas con motivo de programas europeos e as oportunidades de financiación que ofrecen e que atinxen a distintos ámbitos, dende infraestruturas a emprego e formación.

Deja un comentario