Conectarase a nova tubaxe instalada nas obras de humanización e afectará a un cento de abonados
O Concello de Ribeira informa de que, por mor da conexión da nova tubaxe instalada nas obras de humanización de Palmeira, no xoves, 13 de agosto, producirase un corte do subministro de auga cunha duración de aproximadamente 4 horas, entre as 09.00 e as 13.00 horas.
Esta actuación afectará a un cento de abonados, concretamente ás vivendas comprendidas na marxe dereita dirección A Pobra do Caramiñal-Ribeira, entre o cruce co acceso á rúa Río Azor e a subestación de Fenosa, ademais das existentes nos núcleos de Sampedro e Lixó e os últimos fogares na confluencia de Mestre Lorenzo Mene coa rúa Vilar.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.