Wednesday 12 de August de 2026

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo para optar ás axudas económicas individuais para a autonomía persoal


 As solicitudes poden presentarse ata o 1 de setembro e o importe total da achega é de 35.000 euros

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo da convocatoria das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal, a mellora da accesibilidade e o apoio ao respiro familiar. O importe total é de 35.000 euros, financiados a través do POS para gastos sociais da Deputación da Coruña, coa finalidade de, en palabras do concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, “mellorar o día a día das persoas perceptoras e a súa máxima integración, mellorando o seu benestar e favorecendo a súa mobilidade, comunicación e participación na vida social e económica da súa contorna.”

Establécense dúas liñas de axudas: as axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a mellora da accesibilidade, cunha asignación de 25.000 euros; e os servizos para o respiro e a conciliación familiar a unidades de convivencia, con 10.000 euros.

O prazo para presentar as solicitudes permanece aberto ata o 1 de setembro, cumprindo así os dous meses dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O trámite pode formalizarse na sede electrónica municipal, na Oficina de Atención Cidadá ou no Departamento de Servizos Sociais. Para calquera dúbida ou información, é preciso pedir cita a Servizos Sociais.

Requisitos dos beneficiarios
As persoas que se poden beneficiar son aquelas que teñan recoñecida a situación de dependencia e/ou discapacidade e que reúnan os seguintes requisitos:
– Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no municipio de Ribeira durante seis meses inmediatamente anteriores e continuados á data de presentación da solicitude.
– Que a renda per cápita da unidade de convivencia da que forma parte o solicitante non supere o 125% do IPREM establecido para o ano 2026, incluíndo as pagas extraordinarias. Cando a unidade familiar estea formada por dous membros, este límite será elevado ata o 150% do IPREM e, cando estea formada por un só membro, ata o 175% do IPREM.

Produtos de apoio ou axudas técnicas subvencionables
1. Para o aseo e hixiene persoal:
a) Para evacuación:
· Cadeira para inodoro
· Alza ou asentos para inodoro
b) Para baño e ducha:
· Padiola para baño e ducha antideslizante e ergonómica
· Ducha para a cama
· Cadeira de baño e ducha

2. Para a alimentación:
· Cubertos adaptados
· Mesa regulable ou adaptada para cadeira
· Butaca articulada

3. Para a mobilidade, posicionamento e protección persoal:
a) Para mobilidade persoal:
· Adaptacións de acceso ao vehículo
· Camas articulada con carro elevador
· Guindastres de transferencia eléctricas
· Guindastres de mobilización de persoas
· Arneses para guindastres
· Somier articulado
· Coxín ou almofada antiescaras
· Asento xiratorio
· Colchón antiescaras
b) Para a mobilidade vertical:
· Plataforma para subir escaleiras
· Plataforma con raíl
· Cadeira salva escaleiras
c) Para posicionamento:
· Táboas e discos de transferencia
· Coxín e saba para xirar
· Chalecos e cintos de protección
d) Para protección persoal:
· Colchón antiescaras
· Cintos de suxeición

4. Para a comunicación:
a) Axudas técnicas para lectura e escritura
b) Comunicación aumentativa e alternativa

5. Para o acceso ás Tecnoloxías de Información e da
Comunicación (TIC)
· Dispositivos de entrada ás TIC
· Dispositivos de saída ás TIC

6. Para persoas con discapacidade auditiva ou persoas con
discapacidade visual:
a) Axudas técnicas para comunicación telefónica
b) Avisadores luminosos (reloxos, espertadores, timbres, etc.)
c) Produtos de apoio para o fogar

7. Outros gastos de conceptos “axuda técnica e adecuación funcional de vivenda” que favoreza a accesibilidade e autonomía e propiciar a permanencia a no seu fogar en condicións de seguridade, mellorando a súa calidade de vida así como a do seu entorno familiar, non recollidos nesta relación a valoración da comisión técnica.

Deja un comentario