As medidas afectan ao acceso á Pedra da Ra e ao faro de Corrubedo
O Concello de Ribeira habilitou dous puntos de observación con explicación guiada para o eclipse solar do 12 de agosto: na Pedra da Ra e no faro de Corrubedo. Por tal motivo, a Policía local de Ribeira activa un dispositivo especial ante a previsión de afluencia de xente a estes lugares, polo cal se prohibe o acceso en vehículos a motor ou ciclomotores a ámbolos puntos e só se poderá acceder a pé, en bicicleta ou en Vehículos de Mobilidade Especial (VMP), agás persoas con problemas de mobilidade que previamente o comuniquen ao Departamento de Turismo, con teléfono de contacto 981 873 007.
Para a observación dende a Pedra da Ra, poderase estacionar no parque periurbano, na capela de San Roque e na contorna do IES Leliadoura. No que respecta a Corrubedo, poderase aparcar na estrada do faro ata o cruce co cemiterio, así como os aparcamentos disuasorios e rúa Bos Aires, debendo respectarse os espazos, fincas e aparcamentos privados como o do Hostal Balieiros.
Se ben estes enclaves son de acceso libre, cada punto de observación contará cunha zona habilitada para a actividade guiada, o cal se deberá respectar. En canto a outros recursos turísticos do municipio dende os cales ver este evento astronómico, non haberá medidas especiais para o acceso aos mesmos.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.