Unha das medidas é o pintado dun mural nunha vivenda lindeira a dito espazo público
O Concello de Ribeira rubricou nestes días un convenio de colaboración coa comunidade de propietarios dun inmoble situado na rúa Romero Ortiz e lindeiro coa praza que se dedicará ao veciño Quico Domínguez en consonancia co acordo adoptado polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria do 25 de maio de 2026 no senso de “tomar en consideración o recoñecemento á persoa de Quico Domínguez pola súa traxectoria de compromiso social e pola súa defensa da cultura galega, e noméese o espazo público que hai fronte á súa casa familiar, no barrio do Pombal, onde viviu a súa nenez e xuventude, co nome de Quico Domínguez.”
O obxecto da sinatura deste convenio é a elaboración dun mural como un dos primeiros pasos para a adecuación de dita área, apostando así pola arte pública urbana como un modo de expresión gráfica que vai máis alá do clásico graffiti e que se postula como elemento de cohesión e integración urbana e social, así como fórmula de posta en valor e humanización do municipio.
A propiedade da devandita vivenda comprométese a permitir á Administración local ribeirense intervir nesta fachada. Pola súa parte, o Concello asume a responsabilidade de eliminar uns elementos que sobresaen do inmoble coa finalidade se salvagardar a seguridade cidadá e en aras á ornamentación que merece a contorna.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.