Nas vindeiras semanas o grupo visitará diferentes lugares das parroquias para reunirse coa veciñanza e coñecer de primeira mán as necesidades reais.
Alternativa volverá a empregar a sesión plenaria como medio para facer chegar ao goberno local as demandas da veciñanza e impulsar o seu compromiso para darlles resposta.
O grupo continúa con esta iniciativa fai unha valoración positiva, “ estamos dando voz ás preocupacións da veciñanza e o goberno local está a recoller moitas das demandas trasladamos, pero tamén somos críticos co executivo municipal polos poucos avances con algunhas das propostas e o incumprimento de moitos dos seus compromisos.”
Dende Alternativa queren resaltar a importancia da participación veciñal na vida municipal e anima á veciñanza a trasladar as súas propostas e inquedanzas a través dos diferentes canais habilitados: o teléfono 981 415 610, o correo electrónico, culleredo@alternativadosvecinos.org, e tamén o contacto a través de redes sociais.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.