A finalidade é garantir o abastecemento básico ante a situación dos embalses
A falta de chuvia e o alto consumo de auga no verán motiva que o Concello de Ribeira aplique unha serie de restricións no uso da auga procedente da rede municipal, polo que quedan inutilizadas as duchas das praias e o regadío de zonas verdes (salvo excepcións por necesidade puntual).
No que respecta á veciñanza, recoméndase evitar as horas de maior evaporación da auga no momento de regar os xardíns e sempre facelo durante o tempo imprescindible, ademais de prohibirse encher piscinas.
O Concello de Ribeira apela á implicación da cidadanía, polo que insta ao consumo responsable da auga e á revisión de posibles fugas; todo canto sexa necesario para non desbotar este ben de primeira necesidade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.