Monday 10 de August de 2026

O Concello de Neda entregou entre a veciñanza preto de medio cento de packs de bolsas reutilizables de reciclaxe


Ao redor de medio cento de fogares de Neda dispoñen xa dos lotes de packs de bolsas de reciclaxe, repartidos polo Concello dende a semana pasada para facilitar a separación en orixe dos residuos domiciliarios. Trátase dunha acción simbólica de concienciación ambiental, destinada a que a incentivar que a veciñanza colabore na reciclaxe.

A biblioteca municipal distribuirá ata fin de existencias os sets de bolsas reutilizables, destinadas a depositar nas vivendas os envases lixeiros de plástico, metal e bricks (bolsa amarela); papel e cartón (azul); e os envases de vidro (verde), así como facilitar o seu traslado aos correspondentes contedores. Quedan contadas unidades.

Os últimos packs dispoñibles entregaranse xunto co folleto de boas prácticas destinado a axudar á veciñanza na correcta clasificación, contribuíndo a reducir o volume de “impropios”, é dicir, residuos que van parar ao colector equivocado.

A iniciativa forma parte da campaña “Reducir, reutilizar e reciclar está nas túas mans” que o Concello de Neda desenvolveu no último trimestre e que concluirá co envío aos fogares do municipio do folleto divulgativo que acaba de editarse.

Deja un comentario