Monday 10 de August de 2026

O Concello de Ribeira felicita ao deportista Jesús Mosquera polos seus recentes logros no mundo do trail


 Un ouro e un bronce atópanse entre os seus últimos éxitos

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron ao deportista ribeirense Jesús Mosquera polos últimos éxitos acadados: terceiro posto por equipos e sétimo na clasificación xeral individual no CISM Military Ultramarathon Challenge celebrado en marzo deste 2026 en Portugal, así como campión por equipos co Equipo Nacional de Carreira de Montaña da Garda Civil no Trail Valle del Genal, en Ronda, en outubro do 2025.

Este ribeirense conta cunha dilatada traxectoria no ámbito das forzas de seguridade iniciada en setembro do 2002. Xa estivo en dúas misións en Afganistán nos anos 2005 e 2006/2007, ingresou na academia de formación da Garda Civil en Baeza, en Jaén, en agosto do 2008 e, dende febreiro do 2018, o seu destino é a Comandancia da Cidade Autónoma de Melilla.

No que respecta ao seu historial deportivo, participou en numerosos trail como o Ultra Trail Costa Tropical, en Motril, onde quedou segundo na clasificación xeral; o CXM Ultra Trail Bosques del Sur, en Cazorla, acadando o ouro por equipos; o Trail Benéfico Guardia Civil Melilla, quedando primeiro; ou a Media Maratón Ciudad de Melilla, logrando o quinto posto na clasificación xeral e o primeiro na súa categoría; todos eles no 2024.

Deja un comentario