Monday 10 de August de 2026

Alternativa dos Veciños alerta do agravamento da situación da auga no Xalo e reclama medidas urxentes


Alternativa dos Veciños de Carral manifesta a súa preocupación polo agravamento da situación do abastecemento de auga na urbanización do Xalo: os cortes de auga xa non son de horas, senón de xornadas completas.

 

O subministro mediante cisternas que están a realizar os Concellos de Carral e Cerceda continúa a ser insuficiente e a situación esta a afectar á totalidade da veciñanza, especialmente nas persoas máis vulnerables.

Precisamente por este motivo, no último Pleno municipal, Alternativa dos Veciños presentou unha moción de urxencia na que instaba ao Goberno de Carral a incrementar o número de cisternas de abastecemento, ao considerar insuficiente o dispositivo actual. Asimesmo tamén propoñía axilizar as xestións coas administracións implicadas para comezar a traballar nunha solución definitiva a este grave problema.

Desde Alternativa dos Veciños consideramos imprescindible actuar de maneira inmediata. A auga é un servizo básico e esencial e a veciñanza do Xalo non pode seguir soportando esta situación.

Por iso, instamos ás administracións competentes a adoptar medidas urxentes, reforzar o abastecemento provisional e impulsar, sen máis demoras, unha solución definitiva.

Deja un comentario