Friday 22 de November de 2024

Contacontos na Biblioteca Municipal de Fene para conmemorar o Día das Letras Galegas


A compañía “Polo correo do vento” presentará o vindeiro luns na biblioteca municipal de Fene, ás 18.00 horas, o espectáculo “O poeta do Miño”. Trátase dun contacontos baseado no libro do mesmo nome, no que se relacionan a oralidade e a ilustración. A actividade está dirixida a nenos/as a partir de 3 anos. A entrada será libre, ata completar o aforo.
En “O poeta do Miño” cóntase unha historia na que os protagonistas percorren o Río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algúns dos seus poemas. A sesión conclúe cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María.
Actividade organizada pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene.