Monday 10 de August de 2026

Música na rúa en Santa Cristina e Mera este sábado 8 de agosto


O programa Música na rúa regresa este fin de semana ás rúas de Santa Cristina e Mera. O sábado 8 de agosto en horario de 20:00 a 22:00 horas, Alda Varez¬Richi Ponce, #dosenpunto e Sophie Simonds poranlle son á noite de verán.

O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina e Mera.

Os lugares onde se desenvolverán as actuacións e os grupos serán os seguintes:

– Santa Cristina (Zona A Maquía): Alda Varez & Richi Ponce –versións pop, rock e soul-.
– Santa Cristina (Praza Afundida): #dosenpunto –grandes éxitos do pop español dos 80-.
– Mera (zona O Arxentino): Sophie Simonds –versións pop e temas propios, multiinstrumentista-.

Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.

Deja un comentario