A venda das entradas comeza no 17 de agosto
Ribeira será unha das paradas dentro da xira galega do ilusionista Pedro Volta co seu espectáculo Magic Space, que ofrecerá no Auditorio municipal no 4 de outubro, ás 18.00 horas.
Aquí combina maxia e tecnoloxía, cunha simulación virtual da mítica misión Apolo II. Trátase, polo tanto, dun show interactivo dirixido a público familiar e protagonizado polo propio Volta; un recoñecido ilusionista cunha ampla traxectoria profesional que percorreu os principais teatros de Galicia, China, Estados Unidos ou Australia, ademais de contar con numerosas aparicións en programas da televisión galega e estatal.
“Traballamos xa na programación cultural para o outono e inverno con espectáculos que dinamicen o noso municipio durante esta época, focalizados en espazos ao acubillo. Seguimos así enchendo de actividades o noso buque insignia da cultura como é o Auditorio municipal, desta vez, con maxia”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.
A venda das entradas comeza no luns, 17 de agosto, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 10 euros, máis gastos de xestión.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.