A brigada municipal de Obras canalizou a auga que transcorre desde o alto de San Lourenzo e que pasaba por encima da estrada principal.
A Brigada de Obras do Concello de Cambre está a canalizar un manancial na parroquia de San Lourenzo que atravesaba a estrada creando problemas de circulación e poñendo en risco a seguridade viaria.
Ao parecer, a auga brotaba desde o alto de San Lourenzo e desde hai varias semanas formaba un regato que atravesaba parte da parroquia. A brigada municipal de Obras está nestes momentos actuando no pozo para canalizar a auga que brota do interior do acuífero cara á canalización de pluviais.
Os veciños de San Lourenzo e usuarios do viario alertaron do perigo que supón que o regato pasase sobre a estrada que une está parroquia coa parroquia veciña de Lema.
Doutra banda, o concello está a instalar tres puntos de luz na senda peonil do río Gándara, no polígono de O Temple, co fin de iluminar un tramo do mencionado paseo. Trátase dunha demanda dos veciños de Ou Amorne que denunciaban a falta de iluminación nese tramo que conecta gran parte da parroquia.