Monday 10 de August de 2026

Neda presenta o cartel da súa XXXVI Festa do Pan


 

Xa hai cartel oficial para a XXXVI Festa do Pan de Neda que, como sempre, se celebrará na contorna do albergue de Xuvia o primeiro domingo de setembro (día 6). O Concello mantén a estela das últimas edicións e confía, por cuarto ano consecutivo, ao deseñador gráfico “Juanlu Nacha” a imaxe para promocionar a emblemática cita gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Responsables das panaderías que estarán participarán este ano con postos de venda–La Gallega; Panificadora Germán e Paca Castro- veñen de presentar, xunto co alcalde, Ángel Alvariño, e máis a concelleira de Cultura e Turismo, Marián Bello, o novo póster do ferrolán Juan Luis Fernández (“Juanlu Nacha”).

Nesta ocasión, o deseño pon o foco na figura dos auténticos artífices da sona do noso pan, os panadeiros e panadeiras, moitos deles con tradición familiar, que sosteñen co seu esforzo un sector estratéxico na economía local. Ademais, apunta á variedade da produción que sae dos fornos do municipio e chega aos fogares de toda a comarca.

Durante as próximas semanas, o Concello debullará a programación especial da festa, destinada a promocionar a variedade e calidade do produto estrela da gastronomía da localidade. Unha cita que conta co apoio da Deputación da Coruña e cunha pequena axuda de Turismo de Galicia e Abanca.

Deja un comentario