Monday 10 de August de 2026

O Concello de Ribeira inicia as obras de renovación do parque infantil de Coroso


 Trátase dunha actuación por preto de 50.000 euros ao abeiro dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia

O Concello de Ribeira comeza coa renovación do parque infantil de Coroso ao abeiro dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, pola cal o ente autonómico financia as obras na súa totalidade.

A intervención focalízase na retirada dos xogos antigos e a demolición do pavimento de caucho e soleiras de formigón.
Co esta actuación preténdese ampliar a oferta de ocio infantil da zona, construíndo un novo parque con elementos de madeira e un pavimento que se integre mellor coas condicións naturais da contorna.

Os elementos a instalar son un xogo lineal tipo parkour, un equipo combinado con estrutura en forma de casiña, unha cunca xiratoria, a figura dun golfiño con suspensión e unha randeeira de tres prazas. As ditas pezas contarás coas súas respectivas cimentacións e, ademais, estenderase unha capa de area lavada.

As obras son executadas pola empresa Juegos Kompan, S.A. por un investimento de 48.202,77 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de mes e medio.

Deja un comentario