A imposición da nova FP que Concello e Xunta de Galicia pretenderón implantar no IES Carral non contou coas solicitudes de matrícula precisas para o inicio do próximo curso escolar.
A situación confirma o que o equipo directivo, as familias do alumnado e Alternativa dos Veciños viñan denunciando: non se pode implantar unha FP sen contar coas necesidades reais da comunidade educativa, sen unha planificación, organización e infraestructuras adecuadas.
A improvisación e unilateralidade amosada dende Xunta e Concello puxo en evidencia non so a falta de planificación, senón tamén a distorsión de ambas administracións coa realidade do centro escolar, do municipio, pero tamén das necesidades educativas da mocidade da contorna.
Cabe destacar a alteración informativa empregada polo goberno local durante todo o proceso. O caso máis recente foi o anuncio do alcalde Mouriño nunha radio privada, asegurando que había alumnos suficientes para a FP Básica en Carral cando en realidade non era así.
Alternativa é crítica coa xestión do asunto por parte do goberno local e defende un ensino profesional con futuro para Carral.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.