Tuesday 04 de August de 2026

Bergondo organiza a xornada familiar «Mira cara arriba» no Mosteiro de San Salvador para observar a eclipse solar do 12 de agosto


● O evento comezará a partir das 18.00 horas e combinará divulgación, xogo e actividades creativas para desfrutar en familia dun dos espectáculos máis fascinantes da natureza.

● O Concello regalará lentes homologadas ás persoas asistentes para garantir unha observación segura do fenómeno astronómico.

● Para participar é necesario reservar praza enviando un correo electrónico a cultura.deportes@bergondo.gal entre o 5 e o 11 de agosto.

O Concello de Bergondo organizou para o vindeiro mércores, 12 de agosto, unha xornada especial para contemplar a eclipse solar histórica que cruzará a península. Baixo o lema «Mira cara arriba», o goberno local invita á veciñanza para reunirse na contorna emblemática do Mosteiro de San Salvador de Bergondo para desfrutar en familia deste fenómeno astronómico único.

A actividade comezará a partir das 18 horas e está exposta como unha tarde interxeracional para «aprender, xogar, crear e mirar o ceo como nunca antes». Deste xeito, a proposta municipal busca axuntar ciencia, lecer e comunidade nun espazo patrimonial de referencia no municipio, ofrecendo unha contorna privilexiada e despexada para a observación.

Co obxectivo de garantir a máxima seguridade ocular durante o evento, o Concello entregará de forma gratuíta lentes de observación especiais a todas as persoas rexistradas ata esgotar existencias. Ademas, recoméndase levar cadeiras, roupa de abrigo, merenda…

Para participar é imprescindible realizar reserva previa. O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 11 de agosto. As familias interesadas en asistir deberán formalizar a súa solicitude enviando un correo electrónico a cultura.deportes@bergondo.gal, indicando os datos de contacto e o número de asistentes.

Deja un comentario