• As solicitudes para realizar a proba de acceso a 1º curso poderán presentarse do 31 de agosto ao 3 de setembro no Pazo da Cultura
• As familias interesadas en matricular aos nenos e nenas nados nos anos 2019 e 2020 poden informarse no teléfono 981 704 300
O Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Carballo vén de anunciar a apertura do proceso de admisión para a proba extraordinaria de acceso ao primeiro curso de Grao Elemental correspondente ao ano académico 2026-2027. Para este período, o centro ofrece prazas nas especialidades instrumentais de Piano, Trompeta e Viola.
As persoas interesadas en realizar a proba de acceso deberán formalizar a súa inscrición do 31 de agosto ao 3 de setembro de 2026, entregando a documentación nas oficinas do Pazo da Cultura de Carballo.
A proba de acceso terá lugar o luns 7 de setembro, ás 17:00 horas, na Aula CeMIT, situada no primeiro andar do edificio.
Unha vez superada a proba, o prazo xeral de matrícula para este alumnado estará aberto os días 8 e 9 de setembro, tamén nas oficinas do Pazo da Cultura.
Posteriormente, os días 14 e 15 de setembro procederase á escolla de horarios de instrumento; a data concreta para cada alumno/a pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro ou aquí.
Prazas en Iniciación Musical
Así mesmo, o CMUS de Carballo lembra que aínda quedan prazas dispoñibles para os cursos de Iniciación I e II, dirixidos a´rapazada nacida nos anos 2019 e 2020.
Para obter máis información sobre os requisitos, a documentación necesaria ou calquera outra consulta sobre o proceso de admisión, as persoas interesadas poden contactar directamente co centro no teléfono 981 704 300 ou dirixirse ás oficinas do Pazo da Cultura.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.