Os comedores escolares seguirán o próximo curso atendéndose mediante o modelo de contratación externa, mentres se pon en marcha o novo modelo sobre o que está a traballar o departamento de Educación. A nova licitación xa introduce melloras importantes no servizo.
A Xunta de Goberno vén de adxudicar os contratos, correspondentes a dous lotes, para o servizo de xestión e organización do servizo de madrugadores e de comedor na rede de comedores escolares municipais.
Estes contratos introducen melloras importantes no servizo. A primeira ten que ver coa entrada en vigor do Real decreto que desenvolve a Lei 7/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, para o fomento dunha alimentación saudable e sustentable nos centros educativos, que afecta á planificación e á educación nutricional.
Outra das melloras atinxe ao incremento de persoal de monitoraxe e unha atención máis completa e con maior dotación de persoal para as nenas e nenos con necesidades especiais, tal e como se vén facendo en todos os servizos do departamento de Educación. Tamén se inclúen na prestación as tres escolas unitarias que se comezaron a atender neste mandato mediante un convenio coa FANPA co que se ofrecía o xantar. Agora, coa nova adxudicación, ofrecerase a partir do curso que vén xantar e almorzo.
O Lote 1, correspondente ao Servizo de persoal de monitoraxe dos servizos de madrugadores e de comedor na rede municipal de comedores escolares, vén de ser adxudicado a VITAEVENTS SL, que inclúe:
• Facilitar 6 instrumentos que permitan a comunicación entre o persoal no servizo de xantar tipo Walkie talkie
• Celebrar polo menos, unha sesión divulgativa en cada comedor escolar sobre hábitos saudables na infancia
• Organizar unha xornada anual de portas abe rtas para familias en cada un dos comedores escolares.
• Decorar e ambientar os espazos de comedor acorde coas idades do alumnado.
• Decorar e ambientar os espazos de comedor acorde coas idades do alumnado: instalar un kit de accesibilidade cognitiva homologado (pictogramas TEA) en cada comedor. O kit incluirá como mínimo u n panel vertical coa secuencia temporal de accións no comedor
O Lote 2, correspondente ao Servizo de cátering dos servizos de madrugadores e de comedor na rede municipal de comedores escolares do concello de Santiago de Compostela, adxudícase a JARDANAY SL. que presenta os seguintes prezos unitarios(con IVE): almorzo 1,87€ e xantar 4,16€. A adxudicataria tamén se compromete a usar envases con contido reciclado, fabricado con materias primas renovables ou biodegradables/compostables
O custo total por curso ascende a 2.421.682,98, sumando os dous lotes (1.113.339,46 + 1.308.343,52)




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.